Non. Non llo digas. Segue a ser un neno... Lévao nada máis e que o cuide a puta esa que casou co seu irmán. Ela verá o que lle convén. El segue a ser un neno.
Os antigos o sabían. O sentido dunha vida só se acada co seu final. E o mesmo sucede coas historias. Logo non se necesita moito para por do revés todo unha vida.
Eu quixen cambiar esta historia porque penso que o creador apiadouse de máis pola súa criatura, non tivo xenio para lle facerle mal ó seu persoaxe, mais así non lle deixou fracasar, como el quería; todo quedou nunha pataleta de neno, e dese xeito vindicou o pai e o seu mundo e ocultou a verdade: quen non fai a guerra de xoven non a pode gañar de vello.
Ricardiño había de fracasar para mostralle ó mundo a inxustiza e a sinrazón da súa vida. Co seu fracaso, abría un abismo a todos o seu redor. Máis coa súa redención, tapou as fendas que abrira coa sua crise persoal. O seu fracaso de neno-ben podía ser o fracaso do pai e o seu mundo salvaxe, pero non foi, porque no seu fracasiño Ricardiño foi tan acomodaticio coma fora a súa vida.
Ó cabo, a relación de escritor/creador co pai foi máis forte que a do escritor/creador coa súa criatura.